DIRECCIÓN PÚBLICA PROFESIONAL

Por unha Dirección Pública Profesional e de calidade

POLA CALIDADE E A MELLORA CONTINUA

Dende a cidadanía pensando na mellora da calidade dos servizos públicos.

NEGOCIACIÓN

TEORÍA E TÉCNICAS DE NEGOCIACIÓN PARA O SECTOR PÚBLICO.

RECURSOS HUMANOS NO SECTOR PÚBLICO

Planificación, selección, organización, avaliación e moito máis...

viernes, 8 de noviembre de 2013

Premio INAP 2013


Moreas e moreas de sinceros parabéns é o que está a recibir nestes últimos días o profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Óscar Briones, logo de facerse público que a súa tese de doutoramento, Factores determinantes na construción da función de recursos humanos autonómica: Galicia 2000-2012, acadou o prestixioso galardón que cada ano outorga o Instituto Nacional de Administracións Públicas.






Ler máis

miércoles, 10 de julio de 2013

Presentación do Observatorio da Gobernanza G3


“O alumnado universitario non só debe adquirir competencias senón tamén unha ampla formación en valores. De nada serve ter un Ferrari se o coche non ten rodas e o piloto non coñece as normas de circulación”, argumenta Enrique Varela. É por iso que a Área de Ciencia Política e da Administración da Universidade puxo en marcha no seu momento o Observatorio de Gobernanza G3, “unha especie de motor impulsor a partires do que traballamos para formar un bo xestor ou directivo, un bo cidadán e un bo individuo” salienta o profesor. Este “motor” encárgase, en primeira instancia, da coordinación do Grao en Dirección e Xestión Pública e do Máster en Dirección Pública e Liderado Institucional.
Ler máis