DIRECCIÓN PÚBLICA PROFESIONAL

Por unha Dirección Pública Profesional e de calidade

POLA CALIDADE E A MELLORA CONTINUA

Dende a cidadanía pensando na mellora da calidade dos servizos públicos.

NEGOCIACIÓN

TEORÍA E TÉCNICAS DE NEGOCIACIÓN PARA O SECTOR PÚBLICO.

RECURSOS HUMANOS NO SECTOR PÚBLICO

Planificación, selección, organización, avaliación e moito máis...

jueves, 12 de marzo de 2020

De teletraballo planificado a teletraballo reactivo (coronavirus)

Nunca pensei que fora a ter unha entrada no blog tan agridulce. En clase levamos 10 anos facendo un debate sobre os beneficios e contraindicacións do teletraballo na Administración Pública, todo elo dende un análise sosegado dos proxectos ou borradores lexislativos previos de AGE, Xunta de Galicia ou Parlamento de Galicia.
Agora non toca o debate sosegado, senon solucións reactivas e pensando na vocación de servizo que debemos ter presente como empregados públicos, pero non está de máis repasar o argumentario por se temos que implementar o teletraballo ás presas.
No Grao en Dirección e Xestión Pública da Uvigo levamos anos ca modalidade presencial, a semipresencial, e proximamente online 100%. Os resultados, dende a miña percepción de profe nas distintas modalidades dende o ano 2007, é que teño alumnado tan motivado (e desmotivado pode ser que algúns tamén) nunhas modalidades como noutras, e as variables da calidade dos contidos, o seu dinamismo, ou o estímulo que poidamos xerar os profes, é un factor de motivación superior á modalidade de docencia.
Persoalmente, o contacto presencial co alumnado é certo que aporta unha maior cercanía á persoa detras do alumno, pero a tecnoloxía a temos, e as teclas que debemos tocar tamén.
Todos xuntos nesta pandemia, cada un desde a súa responsabilidade persoal, todo esforzo é benvido, ás veces o mero feito de aburrirse e quedarse na casa.
Na foto podedes ver o resumo dos argumentos que neste debate saían cada curso...veñen dende o ano 2009...