martes, 10 de diciembre de 2019

Gobernos locais para retos locais

Abordar como as administracións locais tiveron que facer fronte a retos como a globalización ou a crise económica era o obxecto do seminario que este martes reuniu catro representantes de diferentes administracións municipais na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. Coordinado polos docentes da Área de Ciencia Política e da Administración-Observatorio da Gobernanza Paula Lamoso e Álvaro Xosé López Mira e dirixido principalmente ao alumnado da materia Gobernos locais do grao en Dirección e Xestión Pública, esta actividade contou coas intervencións do alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, a tenente de alcalde do Concello de Pontevedra Anabel Gulías, a edil no Concello de Vilagarcía de Arousa Alba Briones, e o deputado provincial Carlos López Font.
Ler máis

0 comentarios:

Publicar un comentario