sábado, 20 de julio de 2024

O observatorio da Gobernanza por África

 

O Observatorio da Gobernanza asesorará os cadros directivos da Administración pública de Angola


Investigador do Observatorio da Gobernanza G3, o profesor da Facultade de Dirección e Xestión Pública Óscar Briones desenvolvía nas últimas semanas unha estadía en Angola, que completou cun acordo coa Escola Nacional de Administración e Políticas Públicas do para prestar asesoramento ao Goberno angolano en materia de formación, tanto do seu persoal directivo como do funcionariado en xeral. De feito, Briones atópase actualmente desenvolvendo un estudo xunto a director xeral de Recursos Humanos e o director de investigación desta escola nacional sobre as competencias directivas do persoal das administracións deste país africano.

O obxectivo, apunta Briones, é que este traballo dea como resultado un artigo científico que presente os resultados dunha análise sobre as “competencias directivas” que posúe o persoal da administración angolana, así como “unha recomendación das que deberían desenvolver”. Esta liña de colaboración é un dos resultados da estadía de investigación do profesor do campus pontevedrés no país africano, centrada en dúas liñas de traballo, explica, a relacionada coa “mellora da función pública e as competencias do persoal directivo" e outra que pon o foco nas “políticas públicas medioambientais”. 

Estas cuestións foron abordadas nas reunións que Briones mantivo tanto coa presidenta da Escola Nacional de Administración e Políticas Públicas, Sandra dos Reis Alves, como coa secretaria de Estado da Administración Pública, Amélia Varela. Estes encontros permitiron ao docente “detallar en que aspectos e tipos de contidos formativos ou de asesoramento” podería a Facultade de Dirección e Xestión Pública e o Observatorio da Gobernanza, coordinado por Enrique Varela, colaborar coa administración deste país africano. Outra das cuestións abordadas foi a posibilidade de establecer no futuro un convenio de colaboración na Universidade de Vigo, o que, como lembra, suporía un paso máis na estratexia de internacionalización da facultade, tras os convenios de colaboración recentemente asinados con institucións de México e Colombia. Por outra banda, ás xuntanzas sumáronse as conferencias que impartiu a altos cargos da administración angolana, centradas na “reforma do estado, a xestión pública en xeral ou o liderado de equipos de traballo na administración pública”, apunta.

Related Posts:

0 comentarios:

Publicar un comentario