No marco do proxecto BACHA, realizouse esta semana un encontro dos investigadores da Área de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Vigo no que se analizaron diversos aspectos relacionados ca Administración no universo cibernético actual. Utilizáronse perspectivas políticas, sociais pero tamén técnicas sobre Administración e Xestión Pública. Grazas a Celso Cancela investigador principal do proxecto, por esta iniciativa tan estimulante dende o punto de vista intelectual. No noso caso caso falamos de planificación de recursos humanos ante os novos perfís, con maiores competencias tecnolóxicas, que se necesitan e necesitarán xa a curto e medio prazo.
0 comentarios:
Publicar un comentario