Nunca pensei que fora a ter unha entrada no blog tan agridulce. En clase levamos 10 anos facendo un debate sobre os beneficios e contraindicacións do teletraballo na Administración Pública, todo elo dende un análise sosegado dos proxectos ou borradores lexislativos previos de AGE, Xunta de Galicia ou Parlamento de Galicia.
Agora non toca o debate sosegado, senon solucións reactivas e pensando na vocación de servizo que debemos ter presente como empregados públicos, pero non está de máis repasar o argumentario por se temos que implementar o teletraballo ás presas.
No Grao en Dirección e Xestión Pública da Uvigo levamos anos ca modalidade presencial, a semipresencial, e proximamente online 100%. Os resultados, dende a miña percepción de profe nas distintas modalidades dende o ano 2007, é que teño alumnado tan motivado (e desmotivado pode ser que algúns tamén) nunhas modalidades como noutras, e as variables da calidade dos contidos, o seu dinamismo, ou o estímulo que poidamos xerar os profes, é un factor de motivación superior á modalidade de docencia.
Persoalmente, o contacto presencial co alumnado é certo que aporta unha maior cercanía á persoa detras do alumno, pero a tecnoloxía a temos, e as teclas que debemos tocar tamén.
Todos xuntos nesta pandemia, cada un desde a súa responsabilidade persoal, todo esforzo é benvido, ás veces o mero feito de aburrirse e quedarse na casa.
Na foto podedes ver o resumo dos argumentos que neste debate saían cada curso...veñen dende o ano 2009...
jueves, 12 de marzo de 2020
Home »
» De teletraballo planificado a teletraballo reactivo (coronavirus)
De teletraballo planificado a teletraballo reactivo (coronavirus)
marzo 12, 2020
No comments
Related Posts:
Racionalidad en la gestión pública Racionalidad en la gestión pública … Leer Más
Artigo traballadores públicos España-Portugal http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/67840-traballadores-publicos-galegos-envellecidos-fronte-portugueses-eficaces Os traballadores públicos galegos, máis envellecidos fronte a uns portugueses "máis eficace… Leer Más
O noso grao no podium da Uvigo O traballo dun gran grupo … Leer Más
La negociación inesperada: un análisis técnico de la negociación del 10N LA NEGOCIACIÓN INESPERADA: UN ANÁLISIS TÉCNICO TRAS EL 10N En este artículo vamos a intentar desvelar algunas de las claves que ha habido en la negociación entre Pablo Iglesias y Pedro Sánchez. Trascendiendo de lo … Leer Más
Evento de gobernos locais na Facultade de Ciencias Sociais. Grao en Dirección e Xestión Pública Xornada sobre "Gobernos locais para retos globais: experiencias aplicadas de xestión pública local" Martes 10 de 11 a 13 hs. … Leer Más
0 comentarios:
Publicar un comentario